viernes, 19 de noviembre de 2010

Modelo de sesión (parte I)


O Gnomo de Faxilde é un dos personaxes crave deste proxecto:

-el é o encargado de buscar, coa axuda de Internet, un pai e unha nai para Antón... -tráelle a súa comida e os seus xoguetes preferidos e...

el vaise converter no fío condutor desta andaina que iniciamos con Antón, Óscar, María, Salvatore e Lara, compañeiros de infantil e “coleguiñas” nesta aventura compartida de pensar, sentir e facer.

1- ANTÓN E A AFINACIÓN PERCEPTIVA
· Con cada conto, o gnomo de Faxilde deixaralles unha cestiña con agasallos que se fará aparecer de xeito misterioso ( Debaixo dunha árbore, a través dalgún membro do persoal do centro, por correo…)


· Os agasallos do gnomo serán extraídos do cesto por varios nenos que, cos ollos tapados, terán que describir o que están tocando, utilizando o vocabulario que nun principio a profesora ofertará en forma de alternativa:
- Duro ou brando?
- Grande ou pequeno?
- Pesado ou lixeiro?
- Suave ou áspero?
- Liso ou rugoso?...
Ao final tratarán de adiviñar de que se trata.


· É desexable que traballen con todos os sentidos para ir afinándoos como instrumentos crave para a toma de información.
· Nesta liña aproveitaremos o factor sorpresa como motivación para a implicación na tarefa e presentaremos estímulos variados para que poidan traballar todas as sensacións: olfactivas, gustativas, auditivas, táctiles e visuais.
· No primeiro conto o gnomo traeralles: trompos, muíños de vento, tomates maduros,castañas, noces, mazás e por suposto, diversos tipos de caleidoscopios.

REGRAS PARA O DIÁLOGO E A AVALIACIÓN FINAL
· Levar o control de a quen se debe pasar a mascota que da a palabra (Un gnomo de peluche).

· Recordar, levantando unha man ,que é preciso pedir a palabra (poderíase encher unha luva vermella con esponxa ou algodón no que logo se introduciría un pau para que puidesen amosala con facilidade)
· Levantar unha orella de gnomo para recordar que é preciso escoitar
· Mostrar a “zapatilla laranxa de Antón chea de nube branca sen choiva” para recordar que hai que ser delicado no trato, para evitar ferir aos demais.
· Utilizar a imaxe dunha bombilla apagada para simbolizar que non o vemos claro e dunha bombilla acesa para simbolizar que por fin se fixo a luz.
· Utilizar a imaxe dun faro cun foco de luz ben potente para simbolizar que é preciso focalizar a atención na tarefa que nese momento nos propoñemos.
· Presentar un anaquiño de rede para recordar que debemos tecer o noso pensamento co dos demais.

No hay comentarios: