viernes, 19 de noviembre de 2010

APRENDENDO A “MIROSCOPIAR” EN COMUNIDADE



ACTIVIDADES AO LONGO DOS MESES DE OUTUBRO E NOVEMBRO
Como moit@s sabedes, durante o mes de outubro estivo aberta a exposición do PROXECTO MIROSCOPIO no Auditorio de Vilagarcía de Arousa.
Aproveitando ese contexto tan magnífico, programamos actividades con nenos e nenas, pais e nais, mestras e mestres… os luns e mércores pola tarde e os sábados pola mañá.
Á sesión con “profes” asistiron compañeiras da comarca do Salnés, pero tamén de Pontevedra e Santiago. Tratábase non só de dar a coñecer o Proxecto, senón de familiarizar ás mestras coas actividades que poderían levar a cabo cos seus respectivos alumnos no caso de visitaren a exposición.
Nas sesións dos sábados con nen@s acompañados de pais e nais, tivemos a oportunidade de facilitarlles algunhas estratexias para traballar o pensamento de xeito lúdico cos seus fillos e fillas.
Neste mes de novembro, a exposición trasladouse ao Auditorio da Illa de Arousa.
O martes, 16 de novembro, fixemos unha sesión con profesor@s da gardería, de infantil e de primaria, de novo coa intención de divulgar o proxecto e, ao mesmo tempo, facilitar estratexias para tirar partido da exposición cos máis pequenos.
Por outra parte Carmen Loureiro participou en actividades organizadas por distintos CFRs, onde tivo a oportunidade de poñer en práctica diferentes estratexias metodolóxicas que constitúen o celme do Proxecto Miroscopio:
- O 20 de outubro, presentación do Proxecto a profesores en período de prácticas da comarca do Salnés
- O 28 de outubro, en Vilagarcía, no curso “Un Mar de Linguaxes”
- O 3 de novembro, en Ferrol, no curso “Aprender Investigando”
- O 4 de novembro en Pontevedra, Presentación do Proxecto a profesores en período de prácticas da provincia de Pontevedra.
- O 8 de novembro en Lugo, coa ponencia “ Sentimos, Pensamos, Falamos…” en Educación Infantil.

No hay comentarios: