O caso é que unha das primeiras pelis que prepararon foi The Kid, de Chaplin, unha xoia que segue a conmovernos coma o primeiro día. E xa sabemos que as obras maestras resisten moi diversas lecturas. Unha que se nos ocorreu foi analizar a obra desde a perspectiva da chamada ética do coidado. Pensamos no seu momento -e seguimos pensando- que as imaxes de Chaplin poden dar moito xogo como desencadeantes dun proceso reflexivo e tamén emocional.
Así que decidimos seleccionar unhas canta esceas e preparar algúns materiais para traballar con elas. E aquí tendes o resultado. Esperamos que vos poda servir para voso traballo, tanto na aula coma noutros contextos (escolas de pais...)
Aquí tendes as esceas. Veredes que non teñen son. Algunha delas ten algún momento recortado para non desviar a atención.
No hay comentarios:
Publicar un comentario