viernes, 25 de febrero de 2011
O Miroscopio en Innovartenfantil
jueves, 24 de febrero de 2011
lunes, 21 de febrero de 2011
miércoles, 16 de febrero de 2011
sábado, 12 de febrero de 2011
miércoles, 9 de febrero de 2011
Olivia, miroscopiando


lunes, 7 de febrero de 2011
MIROSCOPIAS?
O Miroscopio é un artefacto que xorde da potente creatividade dun neno narrador. Esa imaxe que el nos regalou púxonos no camiño desta proposta: temos que Miroscopiar que é mirar escoitando,
que é mirar observando, que é mirar cara a dentro e darlle voltas á mirada, que é mirar preguntando, que é mirar
pedindo explicacións, que é un mirar coidadoso e cariñoso...que é en definitiva o que fan todos os nenos do
mundo aínda que non o saiban.
Jesús Merino.
Profesor de Filosofía e membro da asociación “Centro de filosofía para nenas e nenos de Galicia.”
Este Miroscopio , para nós, simboliza a mirada “zoom”, da que nos fala J.A . Marina, contraria da
máis común mirada “flash”( esa ollada impaciente que ilumina un segundo ao tempo que cega, que invisibiliza as
cousas e descoida as persoas) ...Fronte a ela, a mirada “zoom” demórase mesmo nas cousas máis pequenas e fai
que parezan grandes, misteriosas, suxestivas. Miroscopiar é en definitiva, un xeito atento de mirar, sentir e
pensar...respectuoso coas persoas e co mundo onde recibiron o milagre da vida.
Carmen Loureiro.
Profesora de Lengua e Educación para a Cidadanía. Psicóloga e membra da asociación de Filosfía para nenas e nenos de Galicia.
Miroscopiar é mirar cara ao mundo con curiosidade e ilusión, atopando preguntas e buscando assúas respostas. É deixar que esa mirada que teñen todos os nenos siga voando alegre e libre. É non permitir que
o mundo dos adultos, privilexie o cognitivo, o académico, e o conveniente, hipotecando en nome dun futuro
afastado e un modelo social caduco e inxusto, o modo natural que ten calquera neno de achegarse ao coñecemento.
Miroscopiar é axudarnos a identificar percepcións e sentimentos, alfabetizar emocións, ordenar
pensamentos e a facer florecer os talentos.
María Corleone.
Escritora, ilustradora e tri--nai.
O Miroscopio non é un telescopio, nin un microscopio, nin un caleidoscopio pero serve para mirar e encontrar. Podes mirar por el e encontrar asteroides e todos os "trozoides" do mundo, e tamén persoas e cousas
que andes buscando. Eu encontrei os meus pais mirando por el dende a miña lúa de auga quente. E neste vense
tesouros, cada un pode ver os seus tesouros...
Antón de Faxilde
Neno , narrador e investigador de 4 anos.
Miroscopias?
domingo, 6 de febrero de 2011
viernes, 4 de febrero de 2011
martes, 1 de febrero de 2011
DE MENTIRA...


Estamos entusiasmados coa nosa participación no "SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA" que se inaugurará o próximo domingo 6 de Febreiro e que estará aberto ao público ata o 19 de marzo. Cargado de actividades como teatro, música, proxeccións, conta contos, e exposicións, todo iso envolvido nunha proposta estética fermosa e moi suxestiva realizada pola escola de Tempo libre "Paspallás".
A nós cedéronnos un amplo espazo onde expoñer o noso universo miroscópico. De novo láminas, outonos e bágoas suspendidas no aire, vitrinas cargadas de materiais cos que se fixeron as ilustracións e obxectos prestados, regalados ou fabricados polo gnomo de Faxilde e a súa familia, ademais dun anaquiño do bosque dos nosos gnomos, saen dos libros para facerse realidade.
O tema deste ano no salón é a mentira na literatura. A nós este tema séntanos como unha luva porque dende o principio deste proxecto pretendemos esvaer os lindes entre realidade e fantasía. Nenos de verdade nun mundo de "mentira" ou nenos de" mentira" nun mundo real? Os nosos personaxes: Antón, Óscar, María, Lara e Salvatore son nenos reais que dialogan de modo real metidos nun universo de papel onde as perspectivas imposibles e a cromática das ilustracións os converten en nenos de conto.
Colgando das paredes e tendidas no chan, os nosos nenos deixaron preguntas coas que nos axudarán a reflexionar sobre o que é de verdade ou de mentira...
Esperamos que os visitantes gocen do noso traballo tanto coma nós.
-------------------------------------------
Estamos entusiasmados con nuestra participación en el "SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA" que se inaugurará el próximo domingo 6 de Febrero y que estará abierto al público hasta el 19 de marzo. Cargado de actividades como teatro, música, proyecciones, cuenta cuentos, y exposiciones, todo ello envuelto en una propuesta estética hermosísima y muy sugerente realizada por la escuela de Tiempo libre "Paspallás".
A nosotros nos han cedido un amplio espacio donde exponer nuestro universo miroscópico. De nuevo láminas, otoños y lágrimas suspendidas en el aire, vitrinas cargadas de materiales con los que se han hecho las ilustraciones y objetos prestados, regalados o fabricados por el gnomo de Faxilde y su familia. además de un trocito del bosque de nuestros gnomos, salen de los libros para hacerse realidad.
El tema de este año en el salón es la mentira en la literatura. A nosotros este tema nos sienta como un guante porque desde el principio de este proyecto pretendimos difuminar los lindes entre realidad y fantasía. ¿Niños de verdad en un mundo de "mentira" o niños de" mentira" en un mundo real? Nuestros personajes: Antón, Óscar, María, Lara y Salvatore son niños reales que dialogan de modo real metidos en un universo de papel donde las perspectivas imposibles y la cromática de las ilustraciones los convierten en niños de cuento.
Colgando de las paredes y tendidas en el suelo, nuestros niños han dejado preguntas con las que nos ayudarán a reflexionar sobre lo que es de verdad o de mentira...
Esperamos que los visitantes disfruten de nuestro trabajo tanto como nosotros.







